jueves, 30 de octubre de 2014

O perigo na Rede

O pasado martes os alumnos de 2º de ESO recibimos a visita dun membro da policía nacional que nos falou  sobre o perigo nas diferentes redes sociais.
O policía era moi ameno xa que explicaba as cousas dende un punto de vista moi parecido e familiar ao noso. Estivo explicando temas como o "ciberbulling" ou "sexting", descarga de música e películas ilegais na rede, e por suposto a venta.

 Unha das cousas que máis nos sorprendeu é que os xogos simples son moito máis adictivos que os complexos. Nestes xogos hay determinados foros nos que a xente comenta e nos que nunca podes poñer cousas privadas sobre ti. Cando estás con redes sociales tes que ter coidado coas imaxes ou comentarios que subes porque perdes o control absoluto sobre elas.
Hai que ter en conta que se difundes unha imaxe, videos ... sen consentimento da persoa que aparece en el considerase un delito tipificado.
 AVISO: É recomendable ter tapada a webcam porque calquera persoa aínda que estea apagada pode acceder e encendela, ver o que estás facendo, ver os teus archivos ...
Cando entras nunha páxina web, tes que fixarte na barra superior onde pon a dirección, xa que senon aparece a esquerda de todo un candado pechado, é xusto a dereita deste "https" non é segura.


Sabela e Pablo 2º ESO B Escolapios Monforte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario